Cun centro histórico Patrimonio da Humanidade, Santiago de Compostela leva séculos recibindo a visitantes e peregrinos de todo o mundo. Quizais por iso, estamos diante dunha cidade tremendamente acolledora e cosmopolita, na que ninguén se sinte un estraño.
A Catedral é protagonista indiscutible da súa améndoa histórica, pero Santiago de Compostela ofrece ademais un conxunto monumental inigualable, de incalculable valor histórico artístico. Aquí sucédense prazas, conventos, templos, pazos, construcións populares e rúas de encanto único.
Santiago é, tamén, unha das cidades de España con máis espazos verdes. Unha vintena de parques e xardíns salpican á capital galega, ofrecendo recunchos naturais nos que relaxarse e gozar da súa beleza.
Pola súa longa tradición universitaria, Santiago ofrece un grande ambiente e animación durante todo o ano, cunha extensa oferta cultural e de lecer da que gozan tanto locais como visitantes.