O Son do Camiño, un dos festivais de música máis grandes de Galicia, regresa este ano cunha edición cargada de artista de renome. Os abonos para asistir xa se esgotaron, pero se quedaches sen o teu, non te preocupes. En Monte do Gozo queremos que goces deste evento ao máximo e preparamos dúas novas ofertas de aloxamento que inclúen abonos de tres días.

Estes packs especiais están dirixidos a parellas e a grupos:

  • Paquete 1: inclúe tres noites nunha habitación privada matrimonial, almorzo e dous abonos por 430 € por persoa, un total de 860 €.
  • Paquete 2: consiste en tres noites nunha habitación cuádrupla con baño privado, almorzo e abonos para catro persoas por 390 € por persoa, é dicir, 1.560 € en total.

Para reservar o teu e gozar do espectáculo ao máximo, só tes que chamar ao 881 255 386 ou mandar un correo a montedogozo@montedogozo.com.

Ofertas para O Son do Camiño en Monte do Gozo.

Un espectáculo consolidado

O Son do Camiño celebra os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño a súa quinta edición, que promete ser a máis grande e xeitosa ata a data.

No cartel deste ano hai grandes nomes da música nacional e internacional, como Green Day, Thirty Seconds To Mars, Pet Shop Boys, J Balvin, Melendi, Love of Lesbian, La Oreja de Van Gogh, Ana Mena ou Baiuca.

Unha das novidades desta edición é a inclusión dun maior número de artistas de música electrónica no seu terceiro escenario. Entre os artistas presentes, acudirán Tiga, Trym, Patrick Mason ou Karras Martínez, que darán ritmo ao evento.

O festival naceu en 2018 coa misión de converter a Galicia nunha das capitais da música en directo de Europa. En 2023, congregou a máis de 130.000 persoas e conseguiu que a ocupación hoteleira de Santiago de Compostela e arredores acadase un 100 %.

Está promovido por Esmerarte Industrias Creativas e Bring The Noise, e está patrocinado por Estrella Galicia.