A Feira de Abril regresa á cervexaría de Monte do Gozo cunha segunda edición renovada. O evento terá lugar o 14 de abril ás 13:30 horas e promete ser todo un acontecemento que non poder perder.

Esta festividade é unha das máis importantes da cultura española, concretamente de Sevilla. Celébrase cada ano despois de Semana Santa e é coñecida por ser unha das máis emblemáticas da cultura andaluza.

As súas orixes remóntanse a unha feira de gando que se celebraba no século XIX, pero que co tempo transformouse en todo un evento que combina tradición folclórica, gastronomía, música e baile.

A vestimenta tradicional da Feira de Abril é o traxe de flamenca, que é un símbolo recoñecido a nivel internacional polo seu deseño e os seus característicos lunares. Esta festa atrae a miles de visitantes a toda Andalucía e, agora, aterra directa en Monte do Gozo para celebrar por todo o alto.

Unha feira chea de música e flamenco

Ao longo da xornada terán lugar diferentes actividades temáticas coas que bailar, cantar e desfrutar ao máis puro estilo da Feira de Abril sevillana.

O espectáculo de flamenco estará ao cargo da Escola de Danza Carmen da Coruña. Este centro imparte clases deste estilo de baile típico español para todas as idades, dende nenos de 6 anos ata adultos.

A gastronomía tamén ocupará un lugar protagonista. Para empezar, a bebida oficial da festa será o ‘rebujito’, moi popular en Andalucía e que soe prepararse mesturando viño manzanilla ou fino cun refresco de lima-limón.

Tamén haberá un cortador de xamón e unha grande variedade de platos cos que gozar da comida típica da feira. Entre o menú, poderás degustar:

  • Bocartes fritos.
  • Gaspacho.
  • Cazón en adobo.
  • Flamenquines.
  • Carne con tomate.
  • Luras con salsa alioli.
  • Bolos de vento.
  • Torradas.
  • Churros de chocolate.

Queres celebrar a Feira de Abril por todo o alto? Anímate e reserva a túa mesa chamando ao 881 25 53 86 ou escribiendo un correo a montedogozo@montedogozo.com.