A Semana Santa é unha cita ineludible para descubrir a esencia de Santiago, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia dende 2018. A capital galega, que xa deu inicio a esta tradición relixiosa o pasado 27 de marzo, contará con procesións e programación cultural ata o próximo 12 de abril. A continuación, proporcionámosche todos os detalles:
PROCESIÓNS
1 de abril. Mércores Santo.
A Procesión da Humildade sairá ás 21:30 h da Igrexa de Santa María do Camiño e estará acompañada pola Banda Municipal de Música de Ribadumia.
2 de abril. Xoves Santo.
A Procesión da Última Cea do Salvador arrancará ás 19:30 h da Igrexa de San Francisco. Ao seu paso soará a selección musical de Vera Cruz e a Banda Municipal de Música de Santiago.
A Procesión do Flaxelado partirá ás 23:30 h da Igrexa de San Agustín xunto á Banda de tambores e cornetas da Confraría.
3 de abril. Venres Santo.
O Sermón e Procesión do Santo Encontro terán lugar ás 11 h na Praza da Quintana, coa música da Banda de tambores, cornetas e gaitas da Confraría.
A Procesión da Quinta Angustia iniciará o seu percorrido ás 18 h dende a Capela da Angustia, coa ambientación musical a cargo da Banda de tambores, cornetas e gaitas da Confraría do Noso Pai Xesús Nazareno, a Banda Municipal de Música de Santiago e Coral Cardeal Quiroga.
A Procesión da Soidade pechará a xornada ás 23 h dende a Igrexa de Santa María Salomé, coa Banda de tambores da Confraría da Quinta Angustia e Coro Crecente acompañando o percorrido.
4 de abril. Sábado Santo.
A Procesión do Santísimo Cristo da Unción e a Nosa Señora da Serenidade comezará ás 20 h dende o Colexio da Inmaculada, coa música a cargo da Banda de Guerra da Brilat, a sección musical de Vera Cruz e a Banda Municipal de Santiago.
5 de abril. Domingo de Resurrección.
A Procesión do Cristo Resucitado deixará ás 10:30 h da Igrexa de San Francisco. A banda sonora protagonizarana a sección musical de Vera Cruz e a Agrupación Musical Virxe do Carme de Ferrol.
12 de abril. Dominica in Albis.
O peche transcorrerá co traslado do Santísimo Cristo da Paciencia ás 11 h da Catedral de Santiago de Compostela. A música quedará en mans da Banda de tambores da Confraría, e a Agrupación de Música e Baile Tradicional de Conxo.
No caso da chuvia, realizarase un culto de oración no interior das mesmas localizacións nas que están programadas as saídas dos pasos relixiosos, salvo a Procesión do Flaxelado, que seguirá adiante coa independencia da previsión meteorolóxica; o Sermón do Encontro, que se realizaría no interior da Igrexa de San Miguel dos Agros; e o Traslado do Santísimo Cristo da Paciencia, que quedaría suspendido.
VISITAS A IGREXAS
Os lugares de culto de Santiago abren as súas portas durante máis tempo para que relixiosos e amantes da arte sacra poidan gozar dos templos neste período tan especial.
- Catedral de Santiago de Compostela. Diario de 7 a 21 h.
- Convento das Clarisas. Diario de 17 a 20 h.
- San Miguel dos Agros. Diario de 1 a 13:30 h.
- Santa María Salomé. Diario de 10 a 13 h e de 17 a 20 h.
- Santo Agostiño. Diario de 10 a 12:45 h e de 18 a 19:45 h.
- Convento das Mercedarias. Xoves de 18 a 22 h e venres de 9 a 13:30 h.
- Convento das Beneditinas. Diario de 10 a 14 h e de 16 a 18:30 h.
- Capela do Portal-Convento de las Dominicas. Luns a sábado de 9 a 21 h. Domingo de 11:30 a 13:30 h.
- Convento de San Francisco. Diario de 10 a 14 h y de 17 a 19:30 h.
- Igrexa da Orde Franciscana Secular. Sábado e domingo de 11 a 13 h.
- Capela Xeral das Ánimas. Diario de 9 a 13 h.
- San Bieito do Campo. Diario de 11:30 a 13 h e de 17 a 20:30 h.
- Santa María do Camiño. Diario de 10 a 13 h e de 16 a 19 h.
- San Pedro. Diario de 18 a 20 h.
- A Nosa Señora da Mercé de Conxo. Diario de 9 a 19 h.
- Quinta Angustia. Luns a mércores de 19 a 20:15 h; venres de 10 a 14 h; sábado de 20:30 a 22 h.
- San Domingos de Bonaval. Diario de 11 a 18 h.
- San Caetano. Diario de n10:30 a 13:30 h e de 17 a 20 h.
- San Xoán Evanxelista. Diario de 17:30 a 20:30 h. Festivos de 11 a 13:30 h.
- San Frutuoso. Diario de 11 a 13:30 h e de 17 a 20 h.
- O Piar. Diario de 18 a 19:30 h.
- Santa Susana. Festivos de 11 a 13 h.
- San Fernando. Diario de 9 a 21 h. Capela do Santísimo Sacramento aberta 24 horas.
- San Paio. Diario de 10:30 a 13:00 h e de 16 a 18:30 h.
CULTURA
De Lugares a Órganos é un ciclo de concertos gratuítos que se ofrece en simultáneo ás celebracións católicas do 28 de marzo ao 5 de abril en distintos enclaves da cidade. Unha ocasión para coñecer máis sobre o patrimonio organístico e a historia musical de Compostela dende o Renacemento ata o Clasicismo.
1 de abril – ENSEMBLE CANTILLO: Nel labirinto degli Affetti
Igrexa de San Miguel dos Agros ás 20 h.
3 de abril – DIC NOBIS SPIRITUS/Reestreno A VERBA
Igrexa da Universidade ás 19 h.
4 de abril – O Órgano sae á rúa – Encontro con Manuel Vilas
Librería NUMAX, situada na Rúa de Concepción Arenal, 9; ás 12:15 h.
5 de abril – Ars Atlántica: Cidades de ouro e prata
Igrexa do Convento do Carme ás 20 h.
