Santiago de Compostela é unha cidade centenaria cunha longa traxectoria cultural e patrimonial ás súas costas. Se a vas visitar por primeira vez, é posible que non teñas moi claro que deberías ver. Por iso, preparamos unha selección de museos e centros culturais que che permitirán comprender a capital máis alá do seu valor espiritual.
Museo do Pobo Galego
O primeiro da lista é o Museo do Pobo Galego, situado no antigo convento de San Domingos de Bonaval. Ofrece unha lectura rigorosa da cultura galega: oficias tradicionais, arquitectura popular, música, indumentaria e formas de vida. Dous dos seus maiores atractivos son a escaleira helicoidal atribuída a Domingo de Andrade e o Panteón de Galegos Ilustres, onde poderás relacionar memoria, territorio e personaxes fundamentais da historia de Galicia.
Ver esta publicación en Instagram
Museo das Peregrinacións e de Santiago
O Museo das Peregrinacións e de Santiago é o lugar adecuado para que comprendas por que Compostela é un destino universal. Poderás seguir a evolución do fenómeno das peregrinacións e o seu impacto na cidade. Resulta útil tanto se é a túa primeira visita como se xa coñeces a Catedral e buscas contexto histórico.
Ver esta publicación en Instagram
Museo da Catedral de Santiago
O Museo da Catedral de Santiago permíteche ir máis aló do templo. Verás tesouros litúrxicos, tapices, códices e obras que trazan a historia artística e devocional do conxunto catedralicio. Se che interesa subir ás cubertas ou ao tellado, debes consultar os horarios e as modalidades de visita con antelación.
Ver esta publicación en Instagram
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
O edificio do CGAC xustifica por si só a visita. É obra do arquitecto Álvaro Siza, e atoparás exposicións temporais e fondos estables que conectan Galicia coa creación internacional dende mediados do século XX. Se che atrae o contraste entre patrimonio histórico e linguaxes contemporáneos, aquí teralo de forma clara. Podes combinala mesmo o día co Museo do Pobo Galego, xa que están un xunto ao outro.
Ver esta publicación en Instagram
Museo Centro Gaiás
Na cima do Gaiás, o Museo Centro Gaiás acolle mostras temporais de gran formato que cruzan arte, patrimonio deseño e pensamento. A arquitectura do complexo e as vistas panorámicas achegan un valor engadido á experiencia. Dende o noso albergue no Monte do Gozo poderás acceder en coche con facilidade.
Ver esta publicación en Instagram
Fundación Eugenio Granell
No Pazo de Bendaña, na praza do Toural, a Fundación Eugenio Granell conserva unha das coleccións surrealistas máis singulares da Península. Se che interesa a arte do século XX e desexas saír do circuíto máis previsible, esta visita resultará moi reveladora. Ademais, o edificio é unha antiga casa nobre barroca que engade interese histórico ao conxunto.
Ver esta publicación en Instagram
Auditorio de Galicia
Aínda que o seu núcleo é musical e escénico, o Auditorio de Galicia mantén salas expositivas cunha programación regular de artes visuais e fotografía. Se vas estar en Santiago durante varios días, recomendámosche que consulte a súa axenda e aproveites para gozar dalgún concerto.
Ver esta publicación en Instagram
Explorar estes museos darache unha lectura moi interesante e única de Compostela. As súas orixes medievais, o esplendor do barroco, a modernidade universitaria… Se o desexas, dende o Albergue Monte do Gozo, podemos axudarte a trazar unha ruta personalizada con tempos accesos e recomendacións segundo o que máis che interese.