Como chegar

A PÉ

Se estás a realizar o Camiño Francés, non te preocupes, Monte do Gozo atoparate a ti. Simplemente segue os nosos carteis para chegar ata a recepción.

Se vés desde Santiago, tes dúas posibles entradas ao recinto: pola Rúa do Gozo ou pola Rúa das Estrelas. Fai clic aquí para obter máis indicacións.

EN COCHE

Vés en coche? A estrada N-634 deixarate ás portas de Monte do Gozo. Tamén podes acceder desde a AP-9. Fai clic aquí para obter máis indicacións.

EN AUTOBÚS

Desde o centro de Santiago, é posible acceder ás inmediacións do recinto nas liñas de autobús urbano, 6 e 7.

Na liña 6, a túa parada é San Marcos.

Na liña 7, deberás baixar na rotonda de Aríns.

En datas especiais, como festivais e concertos, é habitual contar cun servizo extraordinario de autobuses lanzadeira.

EN AVIÓN

Chegas ao aeroporto de Santiago de Compostela? O autobús que enlaza co centro da cidade deixarate moi preto de Monte do Gozo. Desde a parada de San Marcos, só tardarás 7 minutos en chegar andando a Monte do Gozo. Fai clic aquí para obter máis indicacións.