O Samaín é unha das festas máis terroríficas de Galicia e que está cargada de historia, tradicións, rituais e xogos populares que, se estás de visita, debes experimentar. No Albergue Monte do Gozo queremos que goces dunha noite única, por iso organizamos unha gran celebración para que poidas vivila ao máximo.
O evento, pensado para nenos e adultos, comezará o venres 31 de outubro ás 17 horas cun inchable e unha barredora infantil. Ás 21 horas terá lugar unha cea buffet e ás 22 horas unha festa amenizada pola música dun DJ.
Haberá premio ao mellor disfrace, un concurso á mellor cabaza e varios sorteos.
O prezo da cea e as actividades para adultos é de 30 € e para nenos de 22 €.
Ver esta publicación en Instagram
Non só iso, xa que, para que poidas aproveitar a noite ao máximo, preparamos unha oferta «especial Halloween». Inclúe unha noite no noso aloxamento e un almorzo continental, ademais da cea e as actividades infantís dese día.
Os prezos por persoa son:
- En habitación dobre: 59 €.
- En habitación familiar: 52 €.
Reserva xa e vive unha noite máxica!
